Quen somos

A Asociación proCentenario Nós 2020 é unha entidade legal sen fin de lucro constituída en Ourense no ano 2011 a iniciativa de persoas da sociedade civil, de entidades galeguistas e de grupos da industria cultural de Galicia da Terra e da Diáspora. Ten como arela permanente a acción intelectual, educativa, pedagóxica e didáctica sobre a alta cultura clásica galega, asume como alicerce do seu labor a valorización do legado da revista “Nós” (1920-1935) e da época Nós (1916-1950) e o seu canon autorial en tres frontes:
-a súa democratización social, popularización e divulgación;
-a súa revisión crítica, investigación científica e revalorización hermenéutica;
-a súa internacionalización e exportación peninsular e europea.
Todo con mentes de conmemorar en 2020 o centenario da publicación cun amplo programa de actividades e cun Congreso universal da Cultura Galega.

Dende a súa creación en outubro de 2010 participaron as entidades seguintes:

A Bela Auria, Agrupación Cultural Auriense, Agrupación de Libreiros de Ourense, AGLET, Amigos da República, Arquivo Visual Ourensán, Asociación Cultural A Esmorga, Asociación de Comerciantes, Asociación de Escritores en Lingua Galega, Asociación de Licenciados e Estudantes de Historia de Ourense, Asociación Ourensán de Esgrima Antiga, Ateneo de Ourense, Atlántida, Centro Comercial Aberto, Centro Cultural da Deputación de Ourense, Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense, Cine Clube Padre Feijoo, Círculo Poético Ourensán, Confederación de Empresarios de Ourense, Consello da Cultura Galega, Coral De Ruada, Editorial Galaxia, Festival Internacional de Cine de Ourense-OUFF, Fundación Castelao, Fundación Lousada Diéguez, Fundación Otero Pedrayo, Fundación Penzol, Fundación Vicente Risco, Grupo Auria-Nós, Grupo de Danzas Castro Floxo, IGAIS, Librería Zampacontos, Liceo de Ourense, Literauria, Museo Arqueolóxico de Ourense, Museo Etnolóxico de Ribadavia, Museo do Pobo Galego, Nova Caixa Galicia, Pen Clube de Galicia, Plataforma Independente de Teatro de Amoeiro, Real Academia Galega, Sociedade Filarmónica de Ourense, Teatro Principal e Trampitán.

A súa Directiva formana:

PRESIDENTE: Camilo Fernández Valdehorras. Profesor de Filoloxía Románica, galega e portuguesa da Facultat de Filologia da Universitat de Barcelona. Doutor en Filoloxía Románica e investigador do “Grup de Recerca Consolidat LAIREM” da Generalitat de Catalunya. Lexicógrafo, enciclopedista e especialista na obra de R. Otero Pedrayo e na época literaria Nós. Como escritor, publicou varios libros e foi membro do Grupo Poético “Rompente”, membro fundador da “Asociación de Escritores en Lingua Galega”e fundador-presidente do “Foro Cívico Galego de Barcelona”. Dende 2009 é director do “Grupo AuriaNós”, propietario da casa natal de Otero Pedrayo e de Vicente Risco na rúa da Paz de Ourense. Entre outros galardóns posúe o Premio Abrente de Teatro Galego (1978), o Premio Castelao do Centro Galego de Barcelona (2000) e o Premio Lois Peña Novo (2002). Para a bibliografía e máis información, consúltese www.galegos.info

VICEPRESIDENCIA E RELACIÓNS UNIVERSITARIAS: Xose Manuel Cid Fernández. xose_manuel_cidLicenciado en Filosofía e Ciencias da Educación en 1979 e  Doutor en Pedagoxía no ano 1987. Desde 1989 é profesor titular de Teoría e Historia do Ensino 1989. Impartiu clase no Colexio Universitario de Ourense da Universidade de Santiago desde 1979 a 1990, nas materias de Teoría e Historia da Educación. Desde 1990, traballa como docente na Facultade de Humanidade do Campus de Ourense (Universidade de Vigo), dentro da titulación de Educación Social e con especial adicación á Pedagoxía Social. Membro do grupo de Educadores pola Paz de Nova Escola Galega, foi tamén secretario e presidente desta organización. Ten publicado diversos libros en torno á historia do ensino e a pedagoxía e colabora en revistas científicas como  Pedagogía Social e Temps d’educació.

TESOURERÍA E XERENCIAUxío Novoneyra Rei. A 2Uxio Novoneira Licenciado en CC. Políticas e da Adminitración e D.E.A en Procesos Políticos Contemporáneos pola Universidade de Santiago De Compostela (USC). Master en Unión Europea e Xestión de Recursos Comunitarios pola Universidade da Coruña. Postgrado en Institucións Financeiras Internacionais pola Escola de Negocios Caixa Galicia (A Coruña), Secretario da Fundación Uxío Novoneyra. Colabora en Praza Pública e Sermos Galiza. Traballou en diferentes administracións públicas e empresas coma xestor e consultor, nomeadamente, na xestión cultural.

SECRETARÍA  XERAL: Óscar Sobrado Sousa

CO-SECRETARÍA. Relacións coa Rede Nós de Cidades Literarias de Galicia:  César Fernández Gil

ASESOR XURÍDICO: Antón Vidal Andión. Avogado e asesor xurídico. Desempeñou diferentes postos no Ministerio de Traballo e da Presidencia; Vicerreitor  e dúas veces Xerente na Universidade de Vigo, actualmente é Xerente e Xefe da Asesoría Xurídica desta. Ten sido Conselleiro Xeral de Caixagalicia e de Caixanova. Participouo en estudos de dereito ambiental e é coautor do Manual Gestión de la Contaminación Acústica. Pertenceu ao Consello de Redacción de Encrucillada e actualmente é padroeiro-secretario das fundacións Penzol, Otero Pedrayo e Illa Couto, da Editorial SEPT e Conselleiro-Secretario de Galaxia e de Merlin Comunicacións.

VOGALíAS

Vogalía de Estudios e Accións Artísticas :Xabier Limia de Gardón xabier_limia_gardon2 Profesor Doutor en Historia do Arte, compaxina a súa docencia coas labores de crítico, escritor e conferenciante. Colabora con diversas publicacións i é columnista habitual do diario La Región

 
 
 
 
 
Vogalía de Relación Institucionais:Segismundo Bobillo Morgade.Foi traballador de Banca e levou diversas xerencias en empresas e institucións públicas. Desde hai anos é o Secretario-Xerente do Liceo de Ourense. Activo axente cultural, foi presidente do Cineclube P. Feijoo e outros cineclubes, secretario da Federación Galega de Cineclubs, presidente da Sociedade Filarmónica Ourensá…
 
 
 
Vogalía de Accións Pedagóxicas e Culturais especiais: Martinho Ramos Soto.     Mestre, coa especialidade en Educación infantil e Educación Musical. É presidente da A.C.“A Bela Auria” e director dos Nenos Cantores da Capela Madrigalista.
 
 
Vogalía de Relacións coa Mocidade e Entidades Socioculturais:  Óscar Penín Romero. 
 
 
Vogalía de Traducións ao Inglés e Relacións coa Anglofonía: Jonathan Dunne. Filólogo e fotógrafo. Estudiou na Universidade de Oxford fixo estudos avanzados de español e galego nas de Barcelona e Santiago. É traductor de búlgaro, catalán, gallego e español. Co-traduciu unha Antoloxía histórica da Literatura Galega 1196-1981 para Galaxia e Xerais e traduciu un suplemento de Poetas Contemporáneos Galegos para a Poetry Review; as súas traduccións foron nomeadas para o Independent Foreign Fiction Prize and the Warwick Prize para escritores, entre otros. Publicou The DNA of the English Language e o poemario Even Though That. Tamén é o director da editorial Small Stations Press. As súas fotos poden verse en:  smallstations.com.

Vogalía de Estudos Literarios e Accións de Industrias Culturais: Manuel Outeriño Gallego

Vogalía de Accións Editoriais e Relacións coa Lusofonía:Xabier Paz Garza

Advertisement

One thought on “Quen somos

  1. Pingback: sobre eu / Nós 20220 | ferradura en tránsito

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s