Día de Nós 2013

O vindeiro  30 de outubro cúmprense 94 anos desde que saiu do prelo o primeiro número da revista Nós. Desde a Asociación Pronós2020 celebramos un ano máis esta efeméride singular e central na historia de Ourense. Todas as actividades están abertas ao público, agardamos vervos alí!

29 de Outubro ENCONTRO CÍVICO DA RÚA DA PAZ (antiga Rúa dos Zapateiros)

  • 19.30 h. Encontro de antigos veciños maiores de 80 anos na Livraría Torga (Ventos do Sul)
  • 20.30 h. Paseo cívico pola rúa da Paz (antiga rúa dos Zapateiros)  coa intervención musical da Coral de Ruada de Ourense.
  • 21.30 h. “O feitizo das ruínas”. Xornada de portas abertas da casa natal-vital de Vicente Risco e R. Otero Pedrayo. Número 21 da  rúa da Paz.
  • 21.30 h. Convivio con viño e petiscos. Xentileza e servizo dos hostaleiros da rúa da Paz. Rúa da Paz

30 de Outubro  “DÍA DE NÓS”

  • 17,00 h. Acto festivo e ofrenda floral no Cemiterio de San Francisco:
    •   Lectura da declaración institucional do “Día de Nós” no adro do Cemeterio.
    •   Roteiro memorial e ofrenda floral polo cemeterio en alaudo dos escritores i escritoras da cidade de Ourense, cunha mención especial á Xeración Nós, guiado por Camilo Valdehorras.
  • 21,00 h. “LerNós”,unha noite de literatura, poesía e teatro  coa colaboración de Iria Pinheiro, Celia Parra, Manuel Outeiriño e A RunRun Teatro. Será no Grándola, na Praza de San Marcial.

A “Asociación proCentenario de Nós 2020” promoverá a creación da “Rede Nós de cidades literarias de Galicia”

A Editorial Nós de Ánxel Casal estaba situada na rúa do Vilar de Santiago de Compostela

Durante o ano 2012 a “Asociación proCentenario de Nós 2020” promoverá, en diálogo e cooperación cos respectivos concellos de Galicia, a creación da “REDE-NÓS DE CIDADES LITERARIAS DE GALICIA”, formada polas catro cidades-prelo da revista Nós (Ourense, Pontevedra, A Coruña e Santiago) mais as outras tres cidades nucleares (Lugo, Ferrol e Vigo) do movemento cultural das Irmandades da Fala en que se inscribe a revista Nós. Os obxectivos da creación de dita “Rede-Nós” son, dunha banda, potenciar a candidatura de Ourense como cidade cabeceira do movemento literario e cultural da Galicia renacentista que simbolizou a chamada “Longa Época Nós da Cultura Galega”; e doutra, artellar as principais capitais socioliterarias do país para presentar unha candidatura forte, unitaria e integradora da creatividade cultural da Galicia contemporánea de forma que, abranguendo as sete cidades, aperte en unidade espiritual todo o país.

A revista Nós editouse en diferentes prelos:

1ª etapa: Ourense, outubro 2010- xaneiro 1923: edítase na tipografía de La Región. Números do 1 ao 15. En Ourense mantívose a dirección ao longo de toda a durada.
2ª etapa: Pontevedra, 1923: edítase no obradoiro tipográfico de J. Poza Cobas: números 16-18.
Desaparición: de xullo de 1923 ata 25 de xullo de 1925: suspéndese a publicación por problemas económicos e falta de subscritores.
3ª etapa: A Coruña, 25 de xullo de 1925, Día de Galicia, reaparición e segunda saída do prelo neste caso da Sociedade “Lar” da Coruña, da que son copropietarios Ánxel Casal e Leandro Carré: números 19 ao 87;
4ª etapa: Santiago, do 15 abril de 1931 ao xullo-nadal de 1935: do prelo da Editorial Nós de Ánxel Casal: números 88-144.