Tag Archives: Ourense
Día de NÓS 2014
PROGRAMA XERAL DE ACTOS
Publicación dun BANDO da Alcaldía do Concello de Ourense. Publicación dun RECHAMO institucional da Presidencia da Deputación Provincial de Ourense. Publicación dun CONVITE do Vicerreitor da UVigo (Campus de Ourense) á comunidade do campus universitario. Decoración de escaparates das tendas do Centro Comercial Aberto con motivos, libros e obxectos alusivos ao “Día de Nós” e á Época Nós”. Xornadas de portas abertas da Casa natal e vital de VICENTE RISCO E RAMÓN OTERO PEDRAYO (rúa da Paz, 21 de Ourense), durante os días 29, 30 e 31 de outubro, de 18,30 a 21,30 h. Entrada de balde.
OFRENDA CÍVICA E MEMORIAL LITERARIO POLAS CAMPAS DOS MESTRES DE NÓS Lugar: cemiterio de San Francisco. Encontro na porta principal.Hora: 17,30h-18,30 h. Guiado por Camilo Fernández Valdehorras. Roteiro memorial dos escritores e artistas ourensás que descansan no camposanto de Montealegre, con especial lembranza dos Mestres de “Nós”, evocando perante as súas campas as súas vidas con lectura de breves textos das súas respectivas obras.
LECTURA PÚBLICA DA REVISTA NÓS E DO SEMPRE EN GALIZA DE CASTELAO.Lugar: Praza do Ferro (centro histórico de Ourense).Hora: 20,00 h-21,30 h.Actuación musical de Carmen Penim / 2naFronteira. Os textos a ler, de libre escolla, escolmaranse dos números da revista Nós correspondentes ao ano 1924 e 1934; e do Sempre en Galiza de Castelao, co gallo de se conmemorar o 70 aniversario da súa publicación en Buenos Aires/Montevidedo. A participación na lectura é libre e aberta, abonda con se inscribir media hora antes do comezo do acto. No eiró instalarase un estrado ou pequeno escenario iluminado, con megafonía. Disporase dun atril ou varios atrís e dun exemplar da edición facsimilar da revista Nós e do Sempre en Galiza de Castelao. Peche: Himno Galego.
SOMOS NÓS.Lugar: Café Cultural “El Pueblo” (rúa Samuel Eiján, 1)Hora: 22, 00h Unha ollada fresca e divertida sobre a poética contemporánea e a Época NÓS (1920-1936)Participantes: María Lado e Lucía Aldao.
Día das Letras 14 #DíazCastro
PROGRAMA
VENRES 16
CLAUSTRO DE SAN FRANCISCO
20:00h_ Inauguración de actividades
20:30h_ Concerto de 2NAFRONTEIRA ”Uns Zapatiños para Díaz Castro”
21:30h_ Ambigú das letras (pestiscos e bebidas 5 eur)
22:00h_ Concerto de Terra Morena “Tocando Zeca Afonso”
SÁBADO 17
PRAZA DE SAN MARTIÑO
11:45h_ Inauguración “Día das Letras 14”
12:00h_ Concerto Banda Municipal de Música
12:50h_ Lectura de poemas de Díaz Castro
LICEO DE OURENSE – SALÓN NOBRE
13h_ Actuación do Coro Universitario do campus de Ourense – Schola Cantorum
BANCO DE ESPAÑA
19h_Mesa redonda-coloquio “Nimbos de X.M.Díaz Castro, a Poesía hoxe e a Galicia penelopea”.
Participantes:
-Claudio Rodríguez Fer, poeta, escritor, ensaísta e catedrático de Literatura española da Universidade de Santiago (Campus de Lugo)
-Camilo Fernández Valdehorras, escritor e profesor de filoloxía románica, galega e portuguesa da Universitat de Barcelona
-Millán Picouto, poeta, dramaturgo e profesor de música.
ÁREA ARQUEOLÓXICA DAS BURGAS
20:30h_ DandyLady “Desassossego”
21:15h_ Ambigú das letras (pestiscos e bebidas 5 eur)
21:30h_ Fantoches Baj “O Asombro con Díaz Castro”
Día de Nós 2013
O vindeiro 30 de outubro cúmprense 94 anos desde que saiu do prelo o primeiro número da revista Nós. Desde a Asociación Pronós2020 celebramos un ano máis esta efeméride singular e central na historia de Ourense. Todas as actividades están abertas ao público, agardamos vervos alí!
29 de Outubro ENCONTRO CÍVICO DA RÚA DA PAZ (antiga Rúa dos Zapateiros)
- 19.30 h. Encontro de antigos veciños maiores de 80 anos na Livraría Torga (Ventos do Sul)
- 20.30 h. Paseo cívico pola rúa da Paz (antiga rúa dos Zapateiros) coa intervención musical da Coral de Ruada de Ourense.
- 21.30 h. “O feitizo das ruínas”. Xornada de portas abertas da casa natal-vital de Vicente Risco e R. Otero Pedrayo. Número 21 da rúa da Paz.
- 21.30 h. Convivio con viño e petiscos. Xentileza e servizo dos hostaleiros da rúa da Paz. Rúa da Paz
30 de Outubro “DÍA DE NÓS”
- 17,00 h. Acto festivo e ofrenda floral no Cemiterio de San Francisco:
- Lectura da declaración institucional do “Día de Nós” no adro do Cemeterio.
- Roteiro memorial e ofrenda floral polo cemeterio en alaudo dos escritores i escritoras da cidade de Ourense, cunha mención especial á Xeración Nós, guiado por Camilo Valdehorras.
- 21,00 h. “LerNós”,unha noite de literatura, poesía e teatro coa colaboración de Iria Pinheiro, Celia Parra, Manuel Outeiriño e A RunRun Teatro. Será no Grándola, na Praza de San Marcial.
Día das Letras Galegas, 50 anos
Aquí tedes a programación do Día das Letras Galegas 2013 en Ourense. Queremos compartir con vós este día tan especial no que se cumpren 50 anos de celebración. Música, teatro, debate, literatura e convivencia ao redor da figura de Roberto Vidal Bolaño.
Xardíns do Padre Feijoo
11:00h Inauguración dos actos polo Día das Letras Galegas coa actuación da Aula de Teatro Universitaria Cordelia
12:00h Concerto da Banda Municipal de Música e lectura de textos de Vidal Bolaño
Salón Nobre do Liceo de Ourense
13:00h Concerto do Coro da Universidade de Vigo e da Capela Madrigalista de Ourense
Ambigú das Letras – Patio de Columnas do Liceo de Ourense
19:30h Conversas en torno a Vidal Bolaño
21:30h Cea por un Teatro Popular
22:00h Concerto Tenor de All Latin Jazz e lectura de textos de Vidal Bolaño
Concello e Deputación de Ourense encabezarán a Comisión institucional proCandidatura de Ourense e rede-Nós de cidades literarias de Galicia á capital europea da Cultura 2020
A “Asociación proCentenario de Nós 2020” (ApCNós 2020), entidade legalmente constituída en xuño de 2011, mantivo nas últimas semanas varias reunións coa Deputación e o Concello de Ourense coa intención de presentar a cidade de Ourense como cabezaleira á fronte dunha candidatura de toda Galicia, vertebrada na “Rede-Nós de cidades literarias (Pontevedra, A Coruña, Santiago e máis Lugo, Ferrol e Vigo), á Capitalidade Cultural europea para o 2020, ano en que se conmemora a efemérides do centenario da revista Nós, a máis importante da Cultura galega contemporánea. Tanto José Manuel Baltar, presidente da Deputación, como Francisco Rodríguez, alcalde de Ourense, e Isabel Pérez, tenente de Alcalde da cidade, confirmaron a súa total disposición a integraren e impulsaren o proxecto encabezando a Comisión Institucional. Así mesmo, a Universidade de Vigo no seu Campus de Ourense, a través da súa vicerreitora María Lameiras, amosou a súa adhesión e respaldo á iniciativa. A Asociación civil promotora traballa arestora con entidades públicas e privadas de todo o país para que nesa Comisión Institucional participen, ademais, outros organismos, colectivos galeguistas e institucións públicas e privadas, tanto ourensás como do resto de Galicia, do Estado e da diáspora exterior, unidas por un obxectivo común e superior: acadar unha candidatura integradora que vigorice o magno patrimonio literario de Galicia, (latino, galaico e español nucleado polas letras galegas), proxectándoo en España, en Europa e no mundo.
Primeira xunta directiva
Logo dun período preliminar rexido por unha Xestora, dende decembro de 2011 a “Asociación proCentenario de Nós 2020” conta coa primeira xunta directiva, completada recentemente en asemblea. Nela figuran como presidente o profesor e escritor Camilo Fernández Valdehorras e José Eduardo López Pereira, actual director da Acsug, como vicepresidente; o periodista Xosé Lois Carrión, secretario xeral; o avogado Antón Vidal, asesor xurídico, o historiador-xornalista Antón Escuredo, responsable de Comunicación. E nove vogais: Segismundo Bobillo, Xan Rodríguez González, José Antonio Santos, Martiño Ramos, Xosé Ramón Quintana, Christina Moreira, Fernando Román, o tradutor inglés Jonathan Dunne e o profesor norteamericano John Patrick Thomson. O filósofo Victorino Pérez Prieto é o secretario técnico.
Actividades 2012
Sen perder de vista a perspectiva da celebración en 2020 do “Congreso Universal da Cultura Galega”, a ApCNós 2020 está a artellar tamén neste momento un programa de actividades para o 2012 agrupadas en tres fitos: a celebración unitaria en Ourense da conmemoración do “Día das Letras Galegas”, ao redor das figuras de Valentín Paz Andrade e Celso Emilio Ferreiro, rematado cunha “Gala Internacional das Letras Galegas”; a preparación dun Curso de Verán na UdV-Campus de Ourense sobre “Os nós de Nós e nosoutros”; e a terceira edición do “Día de Nós, Día da Nación-Cultura Galega” para o vindeiro 30 de outubro en que, entre outros actos, se entregará o Iº Premio de Honra Nós á publicidade non institucional en galego.
Baixo as divisas “Por unha Galicia pangaleguista, por unha sociedade de lectores e por unha democracia ética”, a “Asociación proCentenario de Nós 2020” asume como alicerce permanente do seu labor a valorización do legado da Revista Nós (1920-1935), da longa Época Nós (1916-1950) e do seu canon autorial en tres frontes: a democratización social, popularización e divulgación; a revisión crítica, investigación científica e revalorización hermenéutica; e a súa internacionalización e exportación peninsular e europea.
Asemblea Xeral Extraordinaria para o 2 de marzo
Todas as persoas, grupos, fundacións e institucións compromisarios da “Asociación pro-Centenario Nós 2020” están convocados a unha asemblea xeral extraordinaria que vai ter lugar no Liceo de Ourense o vindeiro venres, 2 de marzo de 2012 ás 19,30 h. en primeira convocatoria e ás 20,00 h. en segunda convocatoria.
Na orde do día trataránse varios temas. Ademais da aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior, presentarase o informe de xestión, a cargo do Presidente e do Secretario Xeral: entrevistas institucionais, e “Manifesto cívico a prol da candidatura de Ourense e a rede-Nós de cidades literarias de Galicia á capitalidade europea 2020”. Daquela, presentaranse as candidaturas e elección dos cargos vacantes da executiva: Vicepresidente, Tesoureiro e Vogais.
Actividades 2012
Na mesma asemblea falarase de propostas concretas de actividades para este mesmo ano como son o Programa “Letras Galegas 2012” en Ourense e un “Curso de Verán Nós 2012”, en colaboración coa Universidade de Vigo-Campus de Ourense e varias fundacións galeguistas. Tamén farase público o logo, imaxe gráfica e dossier de presentación pública da Asociación.
Para rematar haberá varias propostas para a campaña de captación de socios e socias da Asociación e a entrega de carnés.
Falando do proxecto do Burgomuseo da rúa da Paz
O profesor Camilo Fernández Valdehorras, actual presidente da asociación pro Centenario Nós, e o arquitecto Xan Rodríguez, membro da Xunta Directiva, deron a coñecer en La Región o proxecto do Burgomuseo da rúa da Paz, en Ourense. Partindo da casa natal de Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo a idea ten a intención de dinamizar económica e culturalmente non só a zona senón toda a cidade de Ourense.
Para esta nova instalación xa terían un nome de “Burgomuseo Literario e Antropolóxico de Ourense” (BLAURIA). A rúa da Paz debería, segundo Camilo Valdehorras, “ser declarada Rúa Maior da Cultura de Galicia, irmandada coa rúa de Abaixo de Rianxo, berce do genius loci ourensán”.
Homenaxe a Arturo Noguerol
O intelectual e galeguista ourensán Arturo Noguerol tivo onte unha homenaxe máis que merecida. Familiares, autoridades políticas e culturais e numerosos veciños achegáronse ao número 12 da rúa Padre Feijóo para descubrir unha placa en lembranza deste persoeiro do Grupo Nós que foi represaliado e asasinado polos golpistas no ano 1936.
No Centro Cultural da Deputación de Ourense tivo lugar, despois, a presentación do libro “Ética e estética de Arturo Noguerol Buján” realizado polo investigador Fernando Román. Neste acto participaron, ademais das autoridades locais, Xaquín Monteagudo, da Irmandade Xurídica Galega; Carlos Varela, fiscal superior de Galicia, e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística.
Arturo Noguerol e o problema do traballo
Hoxe preséntase no Centro Cultural da Deputación de Ourense (Rúa do Progreso 30, ás 20 horas,), o libro Ética e estética de Arturo Noguerol Buján, de Jesús-Fernando Román Alonso. Precisamente un artigo do propio Arturo Noguerol, de actualidade polos temas que trata, entrou no primeiro número da revista Nós que se reeditou facsimilarmente co gallo do XC aniversario da súa publicación en Ourense.
O artigo, titulado “O problema do traballo en Galicia” fala da problemática laboral e social daqueles anos con verbas que hoxe poderían ter vixencia con afirmacións coma esta:
“Paréceme equivocada a opinión de certo políteco conservador, de quén agora m’esquezo, respeuto da convenenza de facer ós poucos e paseniñamente a reforma social, pois esta consuta equivale a convertir as chamadas leis sociais n-outras tantas reves feitas para contel-o movemento d’emancipanza da clás obreira”
Daquela a loita polos dereitos sociais era un básica como asegura nestoutro fragmento:
“É necesario tamén que s’estabreza n-a Galicia o seguro contr’o paro, a doenza, a inutilidade y-a vellez, si queremos que a civilanza gallega non sexa coma Saturno”
E nin digamos da polémica sobre os salarios e a competencia:
“É indispensabre ademais imprantar unha tasa outa dos precios e dos xornales para que a competencia non poda ter máis axuda que o milloramento da calidade dos produtos y-a baratura da mau d’obra (que non é a do xornal) e defedel-o nóso proletariado y-a nósa industria contr’a a invasión dos traballadores famentos que veñen d’algures contr’a a invasión dos produtos probes e contr’a políteca comercial das primas á exportación y-o dumping”
Actualizar a súa lectura be pode axudarnos a enteder o presente.