Bases do certame
En emulación e como homenaxe ao eximio labor realizado pola revista Nós (Ourense, 1920 – Santiago, 1935) no primeiro terzo do século XX a prol de fomentar e espallar nas súas páxinas o uso do idioma galego na publicidade comercial, a Asociación “Comisión proCentenario Nós 2020”, consciente da necesidade no noso tempo de protexer e potenciar a normalidade do uso da lingua e da cultura galegas en todos os sectores e ámbitos da sociedade, da economía e da comunicación quere contribuír a xerar, a normalizar e a prestixiar o seu uso nas mensaxes publicitarias COMERCIAIS e NON COMERCIAIS, e a tal efecto, convoca o “Premio de Honra Nós” ao fomento do idioma galego na publicidade non institucional para agasallar a aqueles publicistas, comerciantes e empresas que produzan anuncios impresos en calquera formato publicitario, e por medio así das vellas como das novas tecnoloxías da información e da comunicación, primando a lingua galega como idioma vehicular.
1. Participantes.
O concurso está dirixido a todo o sector PUBLICÍSTICO profesional, COMERCIAL E EMPRESARIAL DE DENTRO E FÓRA DE GALICIA, coa única condición de que publique o seu anuncio en idioma galego.
Poderá participar a publicidade xerada por todos os negocios e empresas establecidos, legalmente, na chamada “Galicia global” que reúne a Galicia da Terra no territorio da Comunidade Autónoma e a Galicia da diáspora espallada en países dos cinco continentes.
Os anuncios poden aparecer impresos en calquera soporte gráfico e tecnolóxico: prensa, revistas, radio, televisión, internet…
2. Presentación DE ANUNCIOS.
O(s) anuncio(s) será(n) presentado(s) libremente pola cidadanía ou POLOS propios interesados na sede da “Comisión pro-Centenario de NÓS 2020”, SITA NA CIDADE DE OURENSE.
3. REQUISITOS.
A publicidade participante será A ESCRITA OU FALADA EXCLUSIVAMENTE EN LINGUA GALEGA e deberá aparecer PUBLICADA no soporte elixido entre AS DATAS DO 31 de outubro e o 30 de setembro DE CADA ANO. Non se admitirá a entrega de publicidade a concurso fóra do prazo indicado.
4. PREMIOS.
O premio,que non estará dotado de CONTÍA económica, consistirá nunha PEZA ESCULTÓRICA como agasallo simbólico no que se recoñecerá a implicación DA ENTIDADE, COMERCIO OU EMPRESA co idioma galego. Distinguiranse en premios dúas categorías:
4.1. PREMIO AO ANUNCIO COMERCIAL:
– Premio ao publicista ou axencia de publicidade creadora do anuncio comercial: distinción á empresa / ao profesional autor do(s) anuncio(s) premiado(s).
– Premio á empresa promotora e patrocinadora do anuncio comercial.
– Premio ao produto anunciado, en dúas modalidades:
o Publicidade de impacto puntual: aparición da mensaxe en galego nun soporte non institucional.
o Publicidade continuada: serie de mensaxes en galego no tempo, cun nexo común.
4.2. PREMIO AO ANUNCIO NON COMERCIAL.
– Premio ao publicista ou axencia de publicidade creadora do anuncio non comercial: distinción á empresa / ao profesional autor do(s) anuncio(s) premiado(s).
– Premio á entidade non institucional promotora e patrocinadora do anuncio non comercial.
O PREMIO NON PODERÁ QUEDAR DESERTO. O xurado poderá decidir OUTORGAR máis galardóns de consideralo necesario.
5. XURADO.
o xurado, elixido pola “Asociación pro-centenario nós 2020”, estará formado por membros da “comisión pro-centenario nós 2020”, por profesionais do deseño e da publicidade, e por representantes do comercio e da empresa propostos pola asociación convocante.
6. FALLO.
O fallo do xurado coa listaxe dos/as gañadores/as publicarase na páxina web da “Asociación Pro-Centenario Nós 2020” coa debida antelación á data de entrega, que se efectuará cada ano dentro do programa de actos da conmemoración do “Día de Nós. Día da Nación-Cultura galega”, darase así mesmo a coñecer en nota de prensa a todos os medios de comunicación.
Non se manterá correspondencia cos concursantes, nin se devolverán aos seus remitentes os anuncios presentados a concurso, que quedarán no arquivo da Asociación convocante.
7. A participación neste CERTAME supón a plena aceptación das PRESENTES bases.
8. As decisión do Xurado serán inapelables.
OURENSE, 30 DE OUTUBRO DE 2011.