Día de Nós

En outubro de 2010 e na cidade de Ourense, no contexto da celebración do 90 aniversario da revista Nós, un grupo de cidadáns e cidadás, xunto cos representantes de institucións públicas, entidades privadas e grupos socioculturais de carácter non gubernamental, integrantes da sociedade civil de Galicia, así da Terra como da Diáspora, decidimos formar unha Asociación denominada “Asociación proCentenario da revista Nós 2020” (ApCNos 2020). Unha das actividades máis importantes é potenciar anualmente a celebración na cidade de Ourense a data da saída do prelo do primeiro número da revista Nós (o 30 de outubro de 1920). Por este motivo foi instituido o día 30 de outubro como festa local polo Concello da cidade e a Deputación Provincial de Ourense.

A intención da asociación é estender dita celebración do “Día de Nós” ás outras cidades literarias de Galicia (Pontevedra, A Coruña, Santiago, Lugo, Ferrol e Vigo) de modo que cada ano, ao redor do 30 de outubro, as principais urbes galegas despreguen -en xunto- un programa de actos culturais cualitativos, coorganizados pola “Rede Nós de Cidades Literarias de Galicia”, sustentadas nas Concellarías de Cultura respectivas.

Podes ver no arquivo visual fotos destas celebracións.

Deixar un comentario